![]()
GALICIA> A Consellería de Economía e Industria investiu en 2009 preto de 48 millóns de euros en I+D nas tres universidades galegas.
{flowplayer}images/salnes/CONSELLERIA_ECONOMIA.flv{/flowplayer}
GALICIA> A Consellería de Economía e Industria investiu en 2009 preto de 48 millóns de euros en investigación e desenvolvemento nas tres universidades galegas, a través de varias convocatorias de axuda.
A contía máis importante, foi destinada a accións de formación e contratación de investigadores e axentes de I+D, por parte das universidades galegas, para o que contaron con máis de 19,7 millóns de euros. Este investimento tivo unha gran acollida polo que a Consellería de Economía e Industria, decidiu prorrogar as axudas para a contratación de 159 investigadores e tecnólogos no sistema público de Investigación, desenvolvemento e innovación. Desta forma, realízase un investimento total de 5 millóns de euros entre 2009 e 2011.
A Consellería de Economía e Industria, trasladoulle ás tres universidades galegas, 13,4 millóns de euros a través de convenios de colaboración. O investimento máis importante é o que corresponde ó Fondo de Calidade, que persegue a excelencia na investigación dentro do sistema universitario. Ademais, a dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, adxudicou máis de 8 millóns de euros á estruturación e consolidación de 197 unidades de investigación competitivas das 3 univerdisades, centros públicos de I+D e de centros tecnolóxicos galegos.
En época de crise, a Consellería de Economía e Industria, inxectou neste exercicio, un total de 24,4 millóns de euros procedentes do plan galego de i+d+i nas 22 entidades que forman a rede de centros tecnolóxicos de Galicia. Esta cifra, aporta unha do importante papel que a Consellería lles outorga ós centros tecnolóxicos debido ó seu rol estratéxico nos procesos de transferencia tecnolóxica ó sector produtivo. Do mesmo xeito, destinouse case 2 millóns de euros a acción de mobilización, dinamización e sistematización da innovación nas pemes galegas, que faciliten os procesos de cambio na empresa.
O programa xeral de investigación, tamén ten como obxectivo, aumentar a capacidade dos grupos galegos para captar financiamento do sétimo programa cadro de i+d da Unión Europea. A través desta iniciativa, Galicia recibiu máis de 1,13 millóns de euros do fondo euroinxeñeiro por mellorar a participación relativa no programa cadro en 2008.
Os científicos e investigadores galegos teñen unha moi boa proxección internacional. Nos dous anos de existencia do programa marco, 66 axentes galegos, participaron ou están a participar en 60 proxectos europeos no ámbito de i+d+i, liderando 13 de eles. E as novas xeracións, continúan a estela destes innovadores grazas as actividades postas en marcha pola Consellería de Economía e Industria.
Na feira científica Galiciencia 2009, leváronse os premios dunhas grandes investigacións: un estudo sobre o iougur e o kéfir, unha mochila ergonómica e a análise das áreas da praia de lagos foron as gañadoras supremas da feira. Ademais, no sétimo premio Galicia innovación júnior, presentáronse traballos tan sofisticados como unha luva para manexar o ordenador cos movementos da man, e unha innovadora boia con sinais luminosas e radiofrecuencia.
Os galegos estamos moi comprometidos coa ciencia e a tecnoloxía e iso notouse na semana da ciencia celebrada durante todo o mes de novembro, por toda a xeografía galega. As actividades tiveron unha gran acollida entre grandes e pequenos.
Redacción Salnés









