A gran doazón de xoguetes permitirá que Cambados agasalle aos nenos e nenas máis máis necesitados en Papa Noel e en Reis

CAMBADOS> A veciñanza de cambados mostra a súa cara máis solidaria coa doazón de xoguetes. Particulares e empresas regalan decenas de bonecos para os nenos máis necesitados. A aportación foi tan grande que o concello agasallará aos nenos e nenas con tres regalos por Papa Noel e tres por reis.

Avalancha de solidariedade na campaña de recollida de xoguetes para os nenos e nenas máis vulnerables do municipio de cambados. Veciños e empresas responderon con creces a campaña de recollida de bonecos do concello e de protección civil, sendo este, o ano no que máis xoguetes se doaron.

A gran cantidade de xoguetes doados permitirá que os nenos reciban tres bonecos por Papa Noel e outro tres polos Reis Magos.

A gran doazón da veciñanza de Cambados fai que o investimento do concello este ano sexa mínimo. A cantidade aportada polo goberno local irá destinada aos agasallos para os mozos e mozas máis maiores.

O reparto tivo lugar entre as 9 e as 10 da mañá no salón de plenos. Ademais das familias incluídas nos servizos sociais, o concello garda xoguetes para outras familias que, aínda que non están acollidas aos plans de axudas, pola súa situación económica tamén se poden achegar a solicitar bonecos para os seus nenos e nenas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí