![]()
SANXENXO> O accidente de tráfico que acabou onte coa vida dun veciño de Vilanova volve a poñer de manifesto a necesidade do desdobramento desta vía.
{flowplayer}images/salnes/DesdobramentoViaRapidaSanxenxo.flv{/flowplayer}
A última vitima mortal que se cobrou a vía rápida que une Sanxenxo e O Grove puxo de novo no punto de mira a necesidade de levar a cabo as obras de desdobramento deste tramo e convertelo en autovía.
A construción de dous carriles para cada sentido que se levou a cabo no tramo que vai dende Curro ata Sanxenxo conseguiu reducir o número de accidentes nesta zona pero agora faltaría facer ese mesmo desdobramento no tramo que parte do Concello de Sanxenxo e chega ata O Grove.Para os veciños máis que unha mellora é unha necesidade.
Esta obra é competecia da Xunta de Galicia, pero nin o anterior goberno bipartito tomou medidas ó respecto, nin o actual goberno de Núñez Feijoo dixo cando podería levarse a cabo esta obra.
Con todo a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González dixo ter constacia de que a Consellería está a traballar neste proxecto.
Co desdobramento deste último tramo converteríase toda esta estrada en autovía, poñendo fin á Vía Rápida, unha das estradas que rexistra máis accidentes na comarca do Salnés
Redacción Salnés







