![]()
VILAGARCÍA> Unhas dúas mil persoas visitaron ata o de agora Galinfancia, o salón infantil de FEXDEGA, que se celebra ata o 3 de xaneiro.
Hoxe e mañá está pechado pero o sábado volve a abrir as súas portas a partir das cinco da tarde. Ese día ós máis cativos espéralles unha serie de xogos de animación gratuítos. Unha animadora sociocultural ofrecerá para os rapaces globoflexia e maquillaxe sen custo algún, de xeito que todos os nenos poidan saír do salón convertidos nun personaxe de conto grazas a unha máscara de maquillaxe e cun agasallo feito con globos.
Galinfancia manterá nos días laborables da semana que vén a promoción de invitacións gratuítas para os primeiros nenos en entrar no Recinto. Así, o 28, 29 e 30 os dez primeiros rapaces que se acheguen a FEXDEGA recibirán entradas para as distintas atraccións.
Redacción Salnés








