A nova EDAR do Grove podería entrar en servizo a finais deste ano

     O GROVE> Esa é a intención da Xunta, segundo indicou o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, na visita que realizou ás obras.

    {flowplayer}images/salnes/EDAR_GROVE_200113.flv{/flowplayer}

    Despois dos traballos de saneamento, coa instalación de colectores e bombeos que achegarán as augas residuais desde a actual depuradora ata a nova, agora comezan as obras propiamente ditas das instalacións.

    Desde o Concello alégranse de que a obra vaia para adiante, xa que o proxecto desta EDAR é unha vella demanda municipal e porque ademais houbo que superar moitas trabas para facerse cos terreos, que finalmente houbo que expropiar.

    O conselleiro tamén falou do Plan de saneamento local da ría de Arousa e indicou que se están a ultimar os detalles nos que respecta ós concellos de Meaño, Sanxenxo e O Grove, e que este verán se poderían presentar os detalles do proxecto.

    Segundo o conselleiro, a Xunta leva investido desde 2009 no saneamento das rías máis de 270 millóns de euros, e tendo en conta o cofinanciamento de concellos e Estado, a contía ascende a máis de 430 millóns.

    Redacción Salnés