O temporal provoca numerosas incidencias de escasa relevancia

    incidenciastemporalbarbanza.jpgBARBANZA> Contedores envorcados, tellas desprendidas, árbores caídas e desperfectos no alumeado de Nadal foron os incidentes máis significativos.

    Esta foi unha madrugada na que os equipos de emerxencia traballaron arreo para atender as numerosas incidencias provocadas polo forte temporal de chuvia e vento que atravesou a comunidade galega e que mantivo activada a alerta laranxa durante toda a xornada.

    {flowplayer}barbanza/incidenciastemporalbarbanza.flv{/flowplayer}

    Segundo datos de Meteogalicia, nalgunhas zonas da comarca de Noia, acadáronse refachos de ata oitenta quilómetros por hora. Tamén foron intensas as precipitacións. Houbo zonas onde se acumularon cincuenta litros por metro cadrado.

    Cortes de luz

    Os cortes no subministro da luz sucedéronse durante toda a noite. O máis longo durou preto de dúas horas e afectou os concellos de Ribeira, Noia, Porto do Son, A Pobra, Boiro e Rianxo. A frota permaneceu amarrada no día de hoxe e a meirande parte dos traballadores do mar non sairon a faenar por mor do temporal. Con todo, o forte vento causou danos en varias bateas. En Rianxo, unha destas plataformas acabou varada na praia do Porrón.

    En Boiro, o contratempo máis grave foi o desprendemento de parte dun balcón arrincado ao soltarse un arco de luces navideño na rúa Francisco de Rio e a caída dun ciprés sobre a entrada dunha vivenda no lugar de Vilariño. En Noia, afundíronse de varias embarcacións no peirao do Testal.

    Amarre parcial

    En Aguiño, Protección Civil tivo que acudir ata o porto para recuperar unha embarcación a que se lle soltaron os amarres. Tamén foi precisa a súa intervención para retirar da estrada colectores e tellas desprendidas dos tellados. As fortes chuvias provocaron tamén balsas de auga no paseo de Coroso e en varias zonas de Palmeira. Os bombeiros de Ribeira retiraron no casco urbano varias luminarias de Nadal que ameazaban con caer na rúa e acudiron ata un garaxe onde había risco de asolagamento.

    En Noia, Rianxo e A Pobra as actuacións dos dispositivos de emerxencia centráronse na retirada de árbores e colectores caidos na estrada en varias zonas do municipio.

    Redacción Barbanza