POBRA> A Pobra tomará exemplo este ano doutras vilas galegas nas que tomar ás uvas ó mediodía é tamén unha tradición.
Así o Concello ten todo preparado para recibir como se merece o 2024 cunha festa a partir das once e media da mañá diante da casa consistorial con DJ e actuacións musicais, e que terá como prato forte as doce badaladas con Tania Fuegho, cunha posterior actuación dos Festicultores.
Xa pola tarde, ás cinco, a Casa da Mocidade converterase no escenario dunha festa xuvenil con DJ e, á noite, a actividade festiva trasladarase á praza Alcalde Segundo Durán coa tradicional celebración da Festa de Aninovo coa Discomóvil Chocolate, a partir da unha da mañá.











