![]()
RIANXO > Arredor de sesenta persoas, a maior parte pais de alumnos, concentráronse esta mañá diante do colexio Castelao, en Rianxo, para protestar pola construción dunha rotonda nas inmediacións do patio do centro escolar. Os pais consideran que se trata dunha imprudencia debido ós riscos derivados da circulación do tráfico que supón tanto para os alumnos coma para os profesores.
O principal obxectivo da concentración protagonizada esta mañá pola meirande parte dos pais dos alumnos do Colexio Castelao é denunciar a ‘inseguridade’ que introduce a colocación deste elemento de tráfico nunha vía tan próxima ó patio da escola así como instar ó concello a que tome medidas canto antes. A rotonda ubícase ocupando parte do antigo patio do colexio polo que os coches circulan practicamente pegados ó recinto escolar, onde xogan os nenos nas horas de recreo.
Ademais desta concentración, os pais dos alumnos mantiveron, hai tan só unha hora, unha xuntaza cos veciños de Rianxo para informarlles da súa situación. O colectivo traballa ademais na recollida de sinaturas para solicitar ó executivo local que proceda á retirada da rotonda. De non ser así, non descartan emprender novas medidas de presión.
Tanto a dirección do centro como o colectivo de pais confía en que o executivo tome en consideración as súas demandas e proceda canto ante só peche da glorieta, de xeito que non haxa que lamentarse nun futuro.
Redacción Barbanza











