Teatro e humor centran a programación cultural da Pobra ata fin de ano

POBRA> O departamento de Cultura da Pobra deseñou un amplo programa de actividades para finalizar o ano. Durante os meses de novembro e decembro desenvolveranse diversos espectáculos para público infantil así como actuacións dirixidas a maiores de dezaseis anos.

A programación para maiores terá lugar cada domingo. Arranca o día dez cunha comedia negra; ‘A Compañeira de Piso’ dirixida por Belén Pichel e Cándido Pazó. Tomaralle o relevo o día 17 acompaía Fulano, Megano e Cutana que levarán a escena ‘A louca historia de Galicia’. Xa en decembro, o teatro Elma acollerá os espectáculos ‘Papar sen Cancelas’ de Culturactiva, e ‘Afiando con humor’ de Sergio Pazos. O peche correrá a cargo das ‘Tres Vellas’, encarnadas por Quico Cadaval, Ceso Sanmartín  José Luís Gutiérrez.

O público infantil e familiar contará cunha programación específica que se desenvolverá fundamentalmente durante as vacacións escolares do Nadal. Dará comezo o 26 de decembro con ‘Rubicundo’ de Ghazafelhos Teatro.

O día trinta de decembro pechará o ano A Xanela do Maxín coa Toupiña que quería saber quen lle fixera eso na cabeza’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí