Vilagarcía prepara a súa tradicional toma de uvas

    toma_uvas_copia100.jpgVILAGARCÍA> Repartiranse máis de 300 kilos de uvas e utilizaranse preto de 500 botellas de cava.

    {flowplayer}images/salnes/PREVIA_TOMA_UVAS.flv{/flowplayer}

    Achégase o 2010 e en Vilagarcía está todo a punto para despedir o 2009 as doce… da mañá. De novo na praza de Ravella, levarase a cabo esta singular celebración que cada ano conta con moitos espectadores. Repartiranse bolsas de cotillón con uvas e típicos produtos de nadal.

    Dende as 11 da mañá cortarase o tráfico na rúa Juan Carlos I ata que remate a celebración.

    Varias actividades e unha banda de música amenizaran o antes e o despois das uvas para que disfruten grandes e pequenos.

    Ás doce en punto, todos preparados cos 300 kilos de uvas e as 500 botellas de cava para recibir o ano novo antes que ninguén e, por suposto, as 12 bombas de benvida ó 2010.

    Quedan 3 días para que preparen os seus desexos para o ano xacobeo e que o bo tempo nos acompañe.

    Redacción Salnés