Música de Strauss para despedilo ano no Auditorio vilagarcián

    concerto_fin_de_ano_copia100.jpgVILAGARCÍA> A banda de música da localidade celebrará o concerto o día 30 ás nove. A entrada é de balde.

    {flowplayer}images/salnes/CONCERTO_FIN_DE_ANO.flv{/flowplayer}

    A Banda de Música de Vilagarcía vivirá o día 30 o seu primeiro concerto de fin de ano. Sairá da música tradicional para enfrontarse a obras reproducidas polas mellores orquestras sinfónicas do mundo. O repertorio ten un ton especial a base de vals e de polkas, especialmente centrado en Johan Strauss. Pero tamén poderase disfrutar do lado dos cisnes de Tschaiskowsky.

    O director da banda de música, afirmou que vai a haber moitas sorpresas no concerto tanto para o público, como para os músicos, que pese a estar ensaiando as obras, descoñecen todo o que vai pasar no escenario. Suso Nogueira destacou que o obxectivo do concerto vai ser soltalas penas do 2009 e comezar o 2010 con música e alegría.

     O concelleiro de Cultura, Xosé Castro Ratón, afirmou que Vilagarcía, terá unha réplica ó concerto de ano novo de Viena.

    As entradas xa se están repartindo no auditorio vilagarcián sen costo algún. O día 30 ás nove da noite espérase un cheo total.

    Redacción Salnés