Veciños de Cambados denuncian o inferno de fumes e ruído co que conviven

    CAMBADOS> Veciños dun edificio de Cambados denuncian que desde hai anos veñen padecendo nos seus fogares os malos cheiros e o ruído do local hostaleiro que teñen no baixo das súas vivendas. Agora unha sentencia da a razón ós veciños e culpa ó concello de inactividade. Esta é a situación que ten que padecer Javier e o resto de veciños, cada día, na súa casa. Fumes con cheiro a comida entrando por cada burato dos seus fogares, ou o ruído insoportable do local de abaixo a altas horas da madrugada. É o que denuncian os veciños deste edificio cambadés. Desde hai anos este Kebab da rúa Os Pios de Cambados fai imposible a vida de Javier, o veciño que vive no primeiro piso, xusto enriba do local. Aínda que a xustiza lle deu a razón, Javier denuncia que o local continúa aberto. E non só Javier, acompáñanos tamén o presidente da comunidade, en representación das seis familias que padecen esta situación, que se remonta xa ó ano 2005, cando o día a día deste veciños se convertiu nun pesadelo. Tras anos de denuncias infrutuosas, agora, a mediados deste mes, o Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra, fallou contra o concello cambadés e ordenou o peche e cese da actividade do local, por incumplimento en ruidos, fumes, e malos cheiros. Pero estes veciños, continúan sufrindo, porque o local segue aberto. Só fai falta entrar nas súas casa, para imaxinarse cómo é o seu día a día. Espertarse, por exemplo, ás seus da madrugada cos ruídos e os cheiros dos bocadillos, que disimulan como poden tapando lámpadas e reixas do cuarto de baño. Estes veciños da rúa Os Pios, quéixanse da inactividade que reciben con este tema por parte do concello. Nós puidemos falar co dono do local implicado, que preferiu non saír en cámara, pero asegura ter todo en regra no seu negocio, e que os problemas que hai na condución do aire, débense a erros que responden á empresa construtora do edificio. Agora coa sentenza favorable na man, estas familias continúan vivindo un inferno en casa, e só agardan que se faga xustiza, que o concello acate o fallo, e que as súas familias poidan durmir e respirar por fin. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/24/conflito_vecinal_cambados_kebab_24032017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/24/conflito_vecinal_cambados_kebab_24032017.mp4{/flowplayer}