O tribunal de contas declara legais as dietas ao secretario e ao interventor municipais de Valga

VALGA>  O tribunal de contas falla a favor do concello de Valga e declara como legais as dietas cobradas polo secretario e o interventor municipais. O órgano supremo de contas do sector público tamén solicitou o arquivo da causa contra os populares de Valga. Con esta sentenza, o alcalde carga contra os voceiros na vila do Psoe, Bng e Mareas aos que cualifica de mentireiros.

Os diferentes partidos da oposición de Valga denunciaron ao goberno local por supostos pagos de dietas ilegais ao secretario e ao interventor municipais. Unha denuncia pola que xa se manifestou o tribunal de contas. O órgano supremo de control de contas dos concellos falla a favor do goberno local e sinala que as dietas cobradas foron legais.

Segundo o concello, o tribunal de contas non considera que se cometese ningunha ilegalidade e solicita o arquivo da causa.

Tras estas sentenza o alcalde de Valga cualifica como mentireiros aos representantes políticos dos partidos da oposición.

Bello Maneiro incluso tirou de ironía para mandar unha mensaxe aos partidos da oposición.

O goberno de Valga sinala que esta sentenza demostra que o consello de contas estaba equivocado e que estaba a aplicar unha normativa derrogada. Unha vez arquivada a causa, Bello Maneiro matiza que non volverá a falar do tema e que continuará traballando pola veciñanza da vila.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí