Uns orzamentos inversores para reactivar a economía vilanovesa

    vilanova_copia100.jpgVILANOVA> Céntranse, principalmente, na inversión para crear emprego e conxela os impostos para atraer o investimento privado.

    {flowplayer}images/salnes/ORZAMENTOS_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Os esforzos do concello vilanovés, a través dos orzamentos, están centrados na creación de emprego que axude, ó mesmo tempo, a reactivalo motor económico da localidade. Deste xeito, a contenda está dirixida en dous frontes claros: o polígono de Baión e o Centro Comercial. Pero tamén se están sentando as bases para atraer a iniciativa privada cuns orzamentos inversores.

    Así, o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, explicou que os obxectivos do concello son investir nos diferentes tipos de turismo que manteñan visitantes durante todo o ano.

    Durán engadiu o concello non pode amedrentarse ante a crise por iso, salientou, que a administración municipal é a que máis investimentos está facendo en comparación co Estado e a Deputación.

    Redacción Salnés