Os artífices do proxecto Pazo Baión plasman as súas vivencias nun libro

    pazobaion copia.jpg VILANOVA> A obra constitúen un percorrido sobre os cambios que experimentou o Pazo desde que o adquiriu Condes de Albarei.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_LIBRO_PAZO_BAION.flv{/flowplayer}

    O vinte de xullo do 2008 marcou un antes e un despois na historia do Pazo Baión. Propiedade de grandes familias nobiliarias desde o século quince, imborrable é a súa vinculación ó narcotráfico. Pero nese ano, no 2008, abriu unha nova etapa que agora se recolle nun libro. E faise da man dos seus protagonistas. Falamos do momento a partir do cal o Pazo pasou a ser titularidade da adega cambadesa Condes de Albarei. Entón nacía o proxecto Pazo Baión, un traballo que supuxo unha renovación a nivel arquitectónico, paisaxístico e enolóxico. Os responsables: o arquitecto César Portela, o enólogo José Hidalgo e o historiador pontevedrés Xosé Fortes.

    A memoria histórica trazada por Fortes inclúe textos que xa facían referencia ó cultivo da vide neste entorno alá polo 1650. Eses viñedos, moitos deles renovados, son o sustento do albariño creado en homenaxe a este recinto: o Pazo Baión. Un Rías Baixas de pago no que se pretende recoller toda a esencia das terras nas que nace.

    Por estes espazos tamén pasou longas horas o arquitecto César Portela. A el encargóuselle a labor de dar unha nova imaxe ás estancias do Pazo.

    Todas estas vivencias recóllense agora neste libro, no que se pode contemplar a metamorfose que experimentou o Pazo a través de fotografías que achegan os detalles máis singulares da finca.

    Redacción Salnés