Os Reis Magos chegarán a Vilanova en coches de época

    cabalgata_vilanova_100_301209.jpgVILANOVA> As súas Maxestades repartirán ó final da cabalgata agasallos e caramelos entre os cativos que se acheguen ó pavillon do municipio.

    {flowplayer}images/salnes/ptac_cabalgata_vilanova.flv{/flowplayer}

    Os Reis Magos farán un oco na súa apretada axenda para visitar Vilanova. Nesta ocasión, as súas Maxestades substituirán os seus camelos por coches de época, que estarán abarrotados de regalos para os nenos do lugar. Tras aparcar os seus novos medios de transporte, percorrerán as rúas da localidade nas carrozas que o concello lles terá preparadas. Unha vez que de finalizado o seu paseo, dará comezo o mellor, pois as súas maxestade ofrecerán un montón de regalos e arredor de 500 quilos de caramelos no pavillón do municipio.

    Pero os nenos máis preguiceiros que inda non enviaron as súas cartas ós reis, non teñen de que preocuparse, posto que o carteiro real tamén pasará por Vilanova. Farao o día anterior ás once da mañá diante da casa consistorial. O alcalde quixo dar as gracias ás tres asociación que fixeron posible a visita das súas Maxestades.

    Os encargados de organizar todo este evento foron a asociación Ansuíña, as mulleres rurais de O Campanario e a asociación de comerciantes Vilanova Centro. A visita dos rei rematará con fogos de artificio.

    Redacción Salnés