Última xuntanza do ano para avaliar o novo proxecto da PO 531

    reunion_po531_100_301209.jpgPONTEVEDRA> O delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu ós veciños afectados e autoridades implicadas para seguir co deseño do vial.

    {flowplayer}images/salnes/301209_reunion_touris_po_531.flv{/flowplayer}

    Anulado xa o proxecto deseñado polo anterior goberno bipartito, a Xunta liderada polo Partido Popular traballa nunha nova solución ó vial de Curro. A última reunión do ano xuntou a representantes do executivo galego, autoridades locais e membros da Plataforma de veciños. Nestes intres xa hai un equipo redactor que está a traballar no novo trazado da estrada, pero desde a Xunta queren que a obra se axuste ás demandas dos habitantes de Curro e, sobre todo, daqueles particulares que verán afectadas as súas propiedades. De aí que estas xuntanzas de traballo se presenten como o foro no que os veciños expoñen o seu punto de vista.

    O proxecto pensado polo anterior goberno bipartito contemplaba a execución dunha estrada de catro carrís, dous en cada sentido da circulación, entre a parroquia de Curro e Pontevedra. A obra contou desde o primeiro momento cunha férrea oposición dos veciños do lugar, xa que á expropiación de terreos e derrube de vivendas sumábase a división das parroquias. O novo trazado terá só dous carrís e daráselle un tratamento semiurbano.

    Dentro de 15 días está prevista unha nova reunión cos veciños pero xa sobre o terreo para valorar in situ a viabilidade das súas demandas. Será no primeiro tramo das obras. O seguinte avaliarase nunha segunda cita que terá lugar a finais de xaneiro.

    Redacción Salnés