Monchiña xa é unha veciña máis de Cambados grazas á escultura creada por Gogue e Lucas Míguez

CAMBADOS> Cambados conta dende este venres cunha nova veciña, Monchiña. A coñecida figura  das viñetas de Gogue cobra vida grazas a unha estatua crrada cun bosquexo do propio debuxante e esculpida por Lucas Míguez. A obra mira cara o Grove, onde está situada a estatua de Floreano, creando unha conexión entre ambas vilas.

Monchiña xa é unha veciña máis de Cambados. A coñecida figura de Gogue cobra vida grazas a unha estatua creada cun bosquexo do debuxante en colaboración co escultor Lucas Míguez. A figura está esculpida en bronce e ten unha altura de pouco máis de dous metros. Está situada no paseo das Palmeira mirando cara ao Grove, onde se atopa a estatua de Floreano.

Ao estar mirando á estatua de Floreano no Grove, as dúas obras crean unha conexión entre ambas vilas. O seu título é ‘Monchiña buscando a Floreano’.

O proxecto está encabezado polo concello de Cambados en colaboración co concello de Grove e financiado pola Mancomunidade do Salnés a través dos fondos Next Generatio. Unha obra para unir aos concellos da comarca.

A creación desta obra e a súa instalación e a primeira parte dun proxecto que incluirá códigos QR diante de cada estatua para que os visitantes coñezan a historias das dúas figuras e onde poder visitalas. Monchiña pode visitarse no paseo das Pameiras de Cambados e Floreano na praza de Arriba do Grove.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí