Os farmacéuticos recomendan non realizar acopio de medicamentos nas casas

BARBANZA> Profesionais sanitarios e farmacéutios recomendan non facer acopio de medicamentos nos fogares e tampouco automedicarse. Naqueles casos que sexa necesario, din que non se superen tampouco as doses recomendadas polos facultativos.

De seguro que moitos escoitaron estes días ou mesmo viron polas redes sociais informacións que recomendaban o uso do paracetamol como medida máis eficaz para o control da febre asociada ó coronavirus, en detrimento do ibuprofeno. Algo totalmente falso, sobre o que non hai dato actual científico, e que dende o Colexio de Farmacéuticos desminten totalmente.

Os farmacéuticos tamén recomendan non facer acopio de medicamentos nos fogares, tal e como se está a producir estes días, xa que as compras compulsivas poden aumentar o risco de desabastecemento.

Circunstancias que están a provocar que moitos establecementos xa non dispoñan nestes momentos de luvas, geles desinfectantes ou mascarillas. Os productos de maior demanda.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí