![]()
SALNÉS> Mañá comeza a veda da nécora. A partir deste día de Reis, e segundo o Plan Xeral de Explotación Marisqueira da Consellería do Mar,…
{flowplayer}images/salnes/050110_veda_necora.flv{/flowplayer}
… péchase a tempada extractiva desta especie en todo o litoral galego durante seis meses, ata o día 4 de xullo, cando se volverá a reabrir. Con esta medida, a Xunta de Galicia persegue conseguir un rendemento óptimo na explotación dos recursos pesqueiros e regular a actividade marisqueira.
A tempada da nécora vense prolongando nos últimos seis meses, desde o pasado mes de xullo. Desde aquela e ata o de agora, capturáronse algo máis de 117.000 kilos que se venderon a un prezo medio de 16.41 euros o kilo, o que deixou un valor global de máis de 1.924.000 euros.
Asemade, o Servicio de Gardacostas de Galicia comisou neste medio ano un total de 725 kilos deste crustáceo, ben por non alcanzar a talla mínima regulamentaria, cifrada en cinco centímetros e medio, ou por atoparse en nasas e aparellos sen balizar ou fóra do horario permitido.
A maiores da nécora, cabe lembrar que tamén se atopan en veda o santiaguiño, ata o 1 de outubro, e o lumbrigante e a lagosta, ámbalas dúas ata o 1 de xullo.
Redacción Salnés






