SALNÉS> O viñedo continúa en parada vexetativa pero hai tarefas nas que xa se pode avanzar de cara a vindeira campaña. Recoller as mostras para os análises de solo e a poda, son algunhas delas. E fundamentais para preparar a viña para afrontar unha nova etapa de produción. Os técnicos de campo recomendan especial coidado nas parcelas que estiveron afectadas polo mildio.
O viñedo está en parada vexetativa pero os traballos no campo continúan para preparar a planta de cara a vindeira campaña. Unha das tarefas que se deben realizar é, segundo os expertos, a recollida de mostras do solo para coñecer o seu estado.
Outro traballo que cada ano se adianta é a poda. Trátase dunha tarefa clave para definir as vindeiras campañas nos viñedos e mesmo a súa produción. Por iso hai que realizala en base a unha planificación estudada, escollendo o que mellor se adapte ás condicións da planta.
Este ano é necesario prestar especial atención á presenza de fungos. Hai plantas que están afectadas polo mildio que atacou intensamente os viñedos de Rías Baixas.
Ademais, os expertos recomendan que a poda non se realice con chuvia ou nos momentos de xeada, para minimizar as posibilidades de que os fungos entren na planta a través dos cortes.