O temporal de neve cubre cun manto branco as serras da Barbanza e Outes

    nevecomarca_100_08012009.jpgBARBANZA> A pesar de que os pronósticos de Meteogalicia falaban de neve no litoral, nesta comarca o manto branco tan só se limitou as cumes máis altas.

    A neve fixo acto de presencia en toda Galicia, en moitas zonas con fortes nevaradas e xeadas que causaron centos de incidencias nas vias de circulacións.

    Nas comarcas de Barbanza e Muros-Noia, as baixas temperaturas nocturnas, que roldaron os cero graos, provocaron que as serras da Barbanza e de Outes amencesen cubertas cunha lixeira capa de neve, deixando unha fermosa estampa invernal, insual na bisbarra.

    A pesar de que os pronósticos de Meteogalicia falaban de neve no litoral, o manto branco tan só se limitou as cumes máis altas. O que si provocaron as baixas temperaturas a nivel do mar foron fortes xeadas e a consecuente formación de pracas de xeo nas estradas. Na autovía da Barbanza foi precisa a presencia dunha maquina para espallar sal no vial.

    {flowplayer}barbanza/nevecomarca.flv{/flowplayer}

    A media maña, a serra da Barbanza aínda presentaban amplas zonas nevadas. No monte Enxa, en Porto do Son a neve xa se apreciaba nos douscentos metros de altitude. Máis arriba, na ladeira que aínda permanecía en zona umbría, a capa de neve era máis espesa.

    No lado contrario da ría, na comarca de Muros-Noia a paixase podíase contemplar unha paisaxe similar. A nevarada nocturna cubría a serra de Outes e o seu cumio máis alto, o Monte Tremuzo, situada a cincocentos metros de altitude. Con todo, aqueles que hoxe non tiveron a oportunidade de achegarse ata estes lugares para observar a neve, fenómeno pouco habitual na nosa comarca, terán mañá unha nova oportunidade.

    Segundo os datos de Meteogalicia, a situación adversa de baixas temperaturas alongarase ata o domingo. Dende a Dirección Xeral de Emerxencias aconsellan reducir o uso dos vehículos a desprazamentos estrictamente necesarios.

    Redacción Barbanza