RIBEIRA> O accidente tiña lugar en Salmón, na parroquia ribeirense de Oleiros.
Por causas que polo de agora se descoñecen, o tractor que conducía a vítima, un varón de 86 anos que responde ás iniciais de J.C.C., envorcou nesta finca próxima á súa vivenda, caéndolle enriba.
Foron os propios veciños os primeiros en socorrelo, alertando do acontecido ós servizos de emerxencia que se trasladaron rapidamente á zona para atender á vítima.
Os esforzos dos equipos de emerxencias foron infrutuosos e a vítima acabou falecendo no punto.
Foi desprazado tamén ó lugar o helicóptero medicalizado de emerxencias, aínda que finalmente non chegou a intervir.











