O cerco afronta unha reunión clave para a reasignación de cotas

    SANTIAGO> A conselleira do Mar reunirase este martes con representantes do cerco galego para analizar a proposta de reasignación de cotas. Segundo explicou a propia Rosa Quintana a intención é fixar un posicionamento común para presentarllo posteriormente ó Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, ten previsto volver a sentarse cos representantes das asociacións de todo o sector do cerco de Galicia para analizar e buscar o mínimo de posibilidades de pesca para os barcos que non dispoñen de cota. O obxectivo da reunión no é outra que acadar un posicionamento común do sector de reasignación de cotas para presentarllo ó Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.