POBRA> Os nacionalistas solicitaranlle ó equipo de goberno un paquete de medidas de apoio ó comercio da localidade de cara a campaña de Nadal. Conscientes dos graves problemas polos que está a atravesar o comercio da localidade, o BNG trasladaralle ó goberno municipal unha serie de solicitudes de cara a mellorar a situación dun sector para eles vital na economía da vila, fundamentalmente nunha época do ano, como é o Nadal, na que moitos negocios teñen moitas esperanzas. Piden tamén que o goberno local aprobe unha moratoria para a implantación de grandes superficies na localidade e que se constitúa dunha vez por todas a mesa de comercio local, obrigada por lei, para planificar de xeito conxunto as accións a desenvolver de cara ó fomento deste sector.
Inicio Barbanza - Muros - Noia