Festival de Corais para axudar economicamente a AFASAL

    afasal_copia100.jpgVILAGARCÍA> Por un prezo simbólico de dous euros, poderase disfrutar dun concerto das mellores corais da comarca.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_FESTIVAL_AFASAL.flv{/flowplayer}

    Dende a Concellería de Cultura púxose en marcha este festival para conseguir máis axuda económica para AFASAL. Ás táboas do escenario do Auditorio vilagarciá, subirán a Coral de Santa Eulalia Nosa Señora da Xunqueira, a Coral de Sobradelo, Coral Brisas de Guillán e o recitador de poesía Enrique Brumbeck. Xosé Castro Ratón definiu o concerto como un festival con alma e corazón.

     A presidenta de AFASAL, Sofia Beiras, agradeceu á consellería de cultura e ás corais a axuda prestada. Beiras sinalou que o 2010 vai ser un ano difícil para a asociación e sinalou que non poden vivir só dos socios e das axudas do Concello e da Deputación. Do mesmo xeito agradeceu ó presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía a cesión de terreos para o levantamento do centro de día.

    Xosé Castro Ratón animou ós vilagarciáns e ós cidadáns localidades veciñas a desfrutar dun festival que contribúe cunha causa xusta.

    Redacción Salnés