A Xunta inicia o cambio das sinais da autovía para unificala a 120 Km/h

    velocidadeautovia_100_120210.jpgPOBRA> O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas anunciou o inicio dos traballos para modificar a sinalización na autovía.

    {flowplayer}barbanza/velocidadeautovia.flv{/flowplayer}

    Na súa visita ó concello da Pobra, o Conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, avanzou unha das novas máis agardadas na comarca do Barbanza. O seu departamento traballa xa nos cambios da sinalización da autovía para unificar o límite de velocidade a 120 Km/h. Haberá algunha excepción como a zona de entrada e saída en Ribeira e Padrón así como sinais de recomedación a 100 km/h nos treitos que así o requiran polo seu trazado ou visbilidade.

    Esta decisión apoiase no informe elaborado pola Garda Civil de Tráfico que aconsella a variación da limitación. Deste xeito unificarase a velocidade ó longo dos corenta quilómetros de trazado evitando a confusión e os riscos derivados da actual sinalización que oscila entre os cen e os cento vinte quilómetros en treitos moi curtos.

    Paseo fluvial

    O motivo da visita de Agustín Hernández á Pobra era a sinatura dun convenio que permitirá a construción dun paseo fluvial nas marxes do Río Morto. O departamento autonómico financiará esta actuación cunha achega de 1’3 millóns de euros.

    O proxecto, ademais de dar solución ós constantes problemas de inundación ó paso do río pola estrada AC-305, contribuirá a poñer en valor unha zona de gran interese medioambiental coa construción dun paseo fluvial. 

    Circunvalación

    Esta actuación intégrase no último treito da circunvalación prevista no PXOM, un vial de 16 metros de ancho e un percorrido de case 450 metros lineais no que o paseo intégrase nun tramo de douscentos metros. Entre outras actuacións contempla o dragado do río, a creación de prazas de aparcamento, a construción de pasarelas ou mesmo a dotación dun parque biosaudable.

    Pero esta actuación, que conta cun prazo de execución de oito meses, non é a única que vai acometer a Consellería de Medio Ambiente na Pobra. Nos orzamentos para 2010 hai consigados 3’6 millóns de euros para diversos proxectos.

    Dende o concello expresaron o seu agradecemento ó titular do departamento autonómico polo interese depositado en todos estes proxectos. Como mostra de gratitude o alcalde fíxolle entrega dunha placa co escudo do concello. O Conselleiro tamén quixo deixar a pegada da súa visita asinando no libro de honra.

    Redacción Barbanza