Lazareto insiste en reclamar máis pérmex para Carril

    lazareto100.jpgVILAGARCÍA> A asociación Lazareto, de Carril, continúa a súa guerra contra a Consellería do Mar para conseguir máis pérmex.

    {flowplayer}images/salnes/lazareto.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A asociación Lazareto, de Carril, continúa a súa guerra contra a Consellería do Mar co ánimo de conseguir máis permisos para mariscar nesta zona da ría de Arousa.

    Estes días os seus membros estanse a concentrar de novo diante da delegación comarcal de Mar, situada precisamente en Carril. A propia Confraría carrilexa ten solicitado xa 30 prazas de permex pero desde a Xunta, de momento, só falan de 15, seis delas para libre marisqueo.

    Desde a Xunta están dispostos a facer unha reunión en Santiago con técnicos para informalos sobre a situación desta zona marisqueira. Os socios de Lazareto consideran que hai marisco e zona dabondo para dar traballo a moita máis xente. O colectivo teme que non se habiliten máis prazas para mariscar en Carril, polo que reclaman permiso cando menos para faenar nas zonas de libre marisqueo.

    Os socios de Lazareto continuarán coas súas concentracións e non descartan entrar nas zonas de marisqueo da agrupación de Carril en entorpecer as súas vendas na lonxa, se en 15 días Mar non accede ás súas demandas.

    Redacción Salnés