15 mulleres emprendedoras formaranse no Coworking da Pobra

A POBRA> O concello da Pobra organiza un campus de emprendemento con perspectiva de xénero. A iniciativa vai dirixida a mulleres que desexen poñer en marcha o seu propio proxecto empresarial.

Off

15 mulleres formaranse na Pobra no ámbito do autoemprego. Os días 3 e 4 de xuño terá lugar un Campus de Emprendemento Feminino no espazo do coworking a cargo da empresa promove. A primeira xornada consistirá nunha sesión teórica o venres pola tarde.

Inserto

O sábado 4 terá lugar a parte práctica na que as participantes terán ocasión de achegarse a tres proxectos empresarias promovidos por mulleres no Barbanza en ámbitos tan diversos como a conserva, a artesanía ou a decoración de interiores.

Inserto

As interesadas en participar poden inscribirse ata o 1 de xuño a través do enderezo electrónico coworking@apobra.gal.

Inserto

O concello decidiu apostar por esta iniciativa para favorecer o emprendemento feminino que segue a ser moito menor que no caso dos homes. Tamén co obxectivo de fixar poboación no municipio a través do autoemprego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí