Tres areais boirenses repetirán a ‘Q’ de calidade no 2012

    qcalidadeboiro.jpgBOIRO>  A entrega dos distintivos tiña lugar en Madrid nun acto que estivo presidido polo Ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria.

    {flowplayer}barbanza/qcalidadeboiro.flv{/flowplayer}

    Tres areais de Boiro: Carragueiros, Mañóns e A Retorta volverán a lucir este ano os distintivos Q de Calidade que foron entregados en Madrid nun acto presidido polo ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, e mais pola secretaria de Estado para o Turismo, Isabel Borrego, e ó que asistiu o propio rexedor boirense, Xoán Xosé Dieste. O distintivo, que vén mantendo este municipio dende o ano 2008, certifica a excelencia nos niveis de calidade que se prestan ós usuarios, en materia de limpeza, mantemento e todo tipo de servizos, ó tempo que se garante o menor impacto da actividade turística sobre o litoral.

    Instalacións náutico-deportivas

    Galicia é ademais a Comunidade Autónoma española que conta con máis instalacións náutico-deportivas distinguidas coa Bandeira ‘Q’ de Calidade Turística Española. En total, 6 das 12 estacións que existen en España con esta certificación atópanse en Galicia, das que dúas son da nosa zona de influencia o Club Náutico Deportivo de Ribeira e o Club Náutico de Portonovo.

    Redacción Barbanza