Rouban no tanatorio e no punto limpo e marchan coas mans baleiras

    roubospobra_100_13012010.jpgPOBRA> O insólito nos dous casos e que os malfeitores, a pesar da existencia de cousas de valor, non chegaron a levarse nada.

    {flowplayer}barbanza/roubospobra.flv{/flowplayer}

    Os propietarios do tanatorio Divino Nazareno na Pobra do Caramiñal situado na zona do Campo da Feira aínda non se explican as extrañas circunstancias do roubo que sufriron nas súas instalacións na madrugada do luns ó martes. A pesar dos numerosos danos causados en varias estancias do edificio, romperon os vidros dunha fiestra de dobre acristalamento e a destrozaron a porta da oficina, os ladróns non chegaron a levarse nada. O único que botan en falta é a metade dunha escada.

    O que resulta tamén extraño é que os ladróns parecían coñecer ben por onde se movían, entrando unicamente naqueles espazos nos que non había alarma. Supostamente podían estar buscando só cartos.

    Mesmo ‘modus operandi’

    Esa mesma noite tamén se rexistraba outro roubo no punto limpo pobrés no polígono industrial da Tomada co mesmo modus operandi. Despois de causar destrozos importantes no peche metálico, e entrar nas instalacións municipais os amigos do alleo marcharon coas mans baleiras. A Policía Local e a Garda Civil continúan coas investigacións.

    Redacción Barbanza