Boiro Novo denuncia o abandono das obras de ampliación do Centro de Neixón

BOIRO> Boiro Novo denuncia o estado de abandono de varios elementos patrimoniais no municipio. Poñen como exemplo a obra inacabada da ampliación do centro arqueolóxico de Neixón, iniciado en 2010 e que leva anos parada.

Boiro Novo responsabiliza ó executivo municipal da paralización das obras de ampliación do centro arqueolóxico do Barbanza. As obras iniciábanse en 2010 coa escavación e acondicionamento do terreo. Sen embargo, a falla de financiamento motivou que os traballos non seguiran adiante.

Ademais da posta en valor do patrimonio arqueolóxico, os membros de Boiro Novo consideran que a ampliación do centro suporía un revulsivo turístico para o concello.

Ademais do abandono desta infraestrutura, Boiro Novo demanda a sinalización doutros recursos patrimoniais, como dolmes ou petroglifos, repartidos polo termo municipal.