![]()
RIBADUMIA> Sindicatos e traballadores de Ribadumia e Vigo piden que non se permita especular cos terreos nos que se levanta a factoría viguesa.
{flowplayer}images/salnes/130110_alfageme.flv{/flowplayer}
Ás sete da mañá os empregados das plantas de Alfageme en Ribadumia e Vigo estaban puntuais na porta da conserveira. Pero dentro, non lles agardaba o habitual trafego de limpar e enlatar peixe. O conflito laboral que atravesa a empresa segue a recrudecerse día a día e hoxe os traballadores daban un paso máis nas súas protestas. Atrás quedaron as mobilizacións ás portas da fábrica. A partir de hoxe permanecerán encerrados nas fábricas ata recibir unha solución ás súas demandas.
Mentres, representantes sindicais e dos traballadores destas plantas reuníanse en Vigo co tenente alcalde dese concello, Santiago Domínguez, e o deputado do BNG Enrique Bieitez. Ámbolos dous políticos manifestaron o seu apoio ós empregados e comprometéronse a non permitir que os terreos nos que se levanta a factoría de Vigo poidan ser vendidos en caso de que pechase a empresa. E é que hai un tempo, esa finca recalificouse de chan industrial a non consolidado coa fin de poder soster os postos de traballo nas catro plantas. Isto mesmo lle pensan trasladar mañá ó alcalde de Vigo, Abel Caballero, co que teñen prevista unha entrevista ás dez e media da mañá.
Ó tempo que se producían estas xuntanzas, os traballadores das plantas de Vilaxoán e O Grove acordaban en asemblea sumarse ó paro no interior das factorías durante toda a xornada. A actividade produtiva de Alfageme leva paralizada desde Nadal. Non reciben materia prima, e os traballadores se cobrar os seus salarios.
Redacción Salnés







