Cores Tourís analiza cos veciños os problemas da ampliación da PO-531

    touris_po531_100.jpgPONTEVEDRA> O delegado da Xunta reuniuse hoxe cos representantes da plataforma PO-531 para analizar in situ os problemas …

    {flowplayer}images/salnes/touris_po531.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> O delegado territorial da Xunta en Pontevedra reuniuse hoxe cos representantes da plataforma PO-531 para analizar in situ os problemas que xera a ampliación desta estrada entre Curro e Pontevedra.

    Hoxe percorreron o tramo que hai entre as rotondas do Vao e Alba, en Campañó, unha zona onde está previsto construír catro carrís de circulación, dándolle un tratamento urbano. Os veciños amosáronlle ó delegado aquelas zonas máis conflitivas, nas que se ven afectadas máis edificacións.

    Cores Tourís agradeceu a colaboración da plataforma, que ademais está a mediar cos propietarios de vivendas que terán que ser expropiadas. Desde a Xunta confían en sacar adiante un proxecto consensuado. O delegado territorial quixo deixar clara a aposta da Xunta por este proxecto, que cre se poderá por en marcha xa o vindeiro ano.

    O delegado celebrará unha vindeira reunión cos veciños para avaliar o seguinte tramo, ata Curro.

    Redacción Salnés