Varias empresas interésanse por asentarse no Polígono de Baión

    foto_duran_100.jpgVILANOVA> O Alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, pronunciouse hoxe sobre o interese que está a espertar entre as empresas o Polígono Industrial de…

    {flowplayer}images/salnes/15012010_poligono_vilanova.flv{/flowplayer}

    … Baión. Unha delas é a empresa Sometal, procedente da Estrada que xa reservou para si uns 10.000 metros cadrados e podería chegar a xerar un cento de empregos directos. A maiores de Sometal e Soaga, tamén hai outras empresas que se están a interesar por esta superficie industrial fronte a outras alternativas, dada a proximidade e boa comunicación que vai a ter co Porto de Vilagarcía. Antes estas posibilidades de acordo e a posibilidade de ocupación laboral que leva parello, o Alcalde non ocultou a súa satisfacción polo que poden ser os primeiros índices de saída da crise deste Concello.

    Noutra orde de cousas, Durán falou tamén da aceptación que está a ter a páxina web municipal que chegou a cifra de 34.000 visitas de 20.001 usuarios diferentes. A estes internautas os asuntos que máis lle interesan son os servicios municipais, como a rede wifi, o PXOM ou as ordenanzas do Concello, e tamén as novas relacionadas co emprego como poden ser as vinculadas ó antedito Polígono Industrial ou o centro de talasoterapia.

    Redacción Salnés