A Illa aproba un orzamento ‘realista’ de 2,7 millóns de euros

    pleno_illa_orzamento100.jpgA ILLA> A corporación debateu onte en pleno a aprobación do orzamento xeral do Concello, que ascende a 2,7 millóns.

    {flowplayer}images/salnes/pleno_illa_orzamento.flv{/flowplayer}

    A ILLA> A corporación municipal da Illa debateu onte en pleno a aprobación do orzamento xeral do Concello para este ano, que ascende a 2,7 millóns de euros.

    O portavoz municipal Juan Luciano Otero cualificouno de realista. Destacou o descenso na previsión de ingresos por licencias urbanísticas duns 20 mil euros que se verá compensado polo aumento do ingreso de ordenanzas fiscais nuns 38 mil.

    O PP tachou de pouco imaxinativo o presuposto presentado polo goberno local. Criticou o desequilibrio que supón para o Concello que se destine o 40 por cento do orzamento a gastos de persoal. Ademais considera escasos os 62 mil euros que recolle a partida de investimentos.

    O goberno municipal si contou co voto a favor do BNG, que cualificou o orzamento de realista. Propuxo recoller nel o asfaltado de varias rúas, do que tomou nota o executivo local. Onte tamén se debateu o presuposto da Fundación Deportiva. PSOE e PP votaron a favor e BNG en contra por non presentalo ás entidades deportivas e patrocinadores.

    No apartado de mocións, destaca a presentada polo PP para crear un plan de acción social para atender a veciños en situacións de urxencia. Foi apoiada polo BNG pero non polo grupo maioritario, o PSdeG, polo que non prosperou.

    Redacción Salnés