O futuro centro de saúde de Noia podería entrar en servizo a principios de 2028

NOIA> A adxudicación da redacción do proxecto do centro de saúde de Noia supón un novo avance na tramitación desta gran obra que podería ser unha realidade a finais do 2027. A intención da Consellería de Sanidade é poder licitar as obras ó longo deste ano. O prazo de execución é de dous anos e medio.

Satisfacción en Noia trala recente adxudicación da redacción do proxecto do futuro centro de saúde. Estes avances na tramitación confirman o cumprimento dos prazos previstos pola Xunta que agarda poder licitar as obras entre finais deste ano e principios de 2026.

O novo equipamento contará cunha superficie construída de 4200 metros cadrados na que ademais de tódolos servizos do proio centro de saúde, albergará un Punto de Atención Continuada para toda a comarca.

A parcela  na que se emprazará dispón ademais de superficie para o estacionamento na que se prevé habilitar unhas 350 prazas.