O doutor Barbacid recibe o premio de investigación Ramiro Carregal

    premiosoncoloxiacarregal100.jpgSANTIAGO> O doutor Mariano Barbacid recolleu o I Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal – Fundación La Rosaleda.

    {flowplayer}barbanza/premiosoncoloxiacarregal.flv{/flowplayer}

    O Hostal dos Reis Católicos en Santiago acolleu a entrega do Primeiro Premio de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal – Fundación La Rosaleda.

    Este galardón naceu a iniciativa de Ramiro CArregal como contribución persoal á loita contra o cancro, enfermidade que lle tocou vivir moi de preto.

    Elección unánime

    De entre tódalas candidaturas presentadas, o xurado elixiu pro unanimidade premiar a Mariano Barbacid, impulsor do centro nacional de investigación oncolóxica e cunha carreira de máis de tres décadas repleta de méritos profesionais.

    O acto de entrega contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, quen destacou a figura do premiado non só como referente científico senón tamén humano.

    No acto tamén estivo presente o novo alcalde de Santiago, Ángel Currás, e destacados persoeiros do ámbito político, científico e académico.

    Redacción Barbanza