Aute, Alberto Cortez e Julia León actuarán en Vilagarcía

cultura_vilagarcia100.jpgVILAGARCÍA> Luís Eduardo Aute, Alberto Cortez ou Julia León, actuarán este ano en Vilagarcía, no ciclo ‘Acústicos no Auditorio’.

{flowplayer}images/salnes/cultura_vilagarcia.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> Luís Eduardo Aute, Alberto Cortez ou Julia León, actuarán este ano en Vilagarcía, no marco do ciclo de concertos Acústicos no Auditorio. Así o adiantou hoxe o edil de Cultura, Xosé Castro Ratón, que adiantou as liñas xerais da programación deste primeiro semestre.

A primeira actuación terá lugar o 5 de febreiro, a cargo de Alberto Cortez, con entrada anticipada a 12 euros e a 15 na billeteira. Neste ciclo musical tamén está incluído o novo proxecto musical de Miguel Ángel Julián, Soul Tellers, que rematará cunha festa na que pinchará o mítico locutor de Radio 3 Jesús Ordovás. Pero amais neste semestre tamén haberá humor, a través dun ciclo de monólogos.

A parte dos convenios con Caixanova e Agadic, Vilagarcía xestionou actuacións como a ofrecida o sábado pola Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, que xuntou unhas 600 persoas. No programa deste semestre figura tamén un espectáculo do poeta Carlos Oroza para o 12 de febreiro, ou, a obra de teatro De cerca nadie es normal, que será xa este venres ás nove da noite. O Concello tamén repetirá o ciclo Galegos Hoxe, para novos compositores galegos.

Redacción Salnés