![]()
RIANXO> A curmá do poeta do mar, Carmen Domínguez, que foi a encargada de descubrir o monolito situado as portas da vivenda-museo.
O histórico inmoble número 24 da rúa de Abaixo no que naceu e viviu o poeta rianxeiro Manuel Antonio alberga xa a lembranza histórica e familiar do seu ilustre inquilino. Abre as portas convertido nun museo no que se recolle unha ampla colección de obxectos persoais e familiares do artista.
{flowplayer}barbanza/inauguracionmuseomanuelantonio.flv{/flowplayer}
O acto de inauguración contou ca presenza do delegado do goberno en Galicia, Antón Louro e do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín así como numeroso público que non quixo perder a oportunidade de afondar na biografía do poeta do mar.
Ambicioso proxecto
Entre as pezas máis representativas, as pipas do poeta, ducias de cartas persoais e centos de fotografías familiares realizadas por un curmán nas que se retratan o máis representativo do Rianxo de principios do séculos XIX. Tamén se poden contemplar un amplo abano de libros da súa biblioteca e publicacións nacionalistas nas que Manuel Antonio colaborou activamente.
A apertura deste museo enmárcase dentro dun ambicioso proxecto museístico no que se embarcou o concello de Rianxo e no que o goberno central aportou millón e medio de euros. O proxecto tamén conta coa colaboración da Fundación Barrié de la Maza. O alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro agradeceu a persoas, entidades, institucións e administración que traballaron na iniciativa ó tempo que lamentou a falta de implicación do goberno galego.
A futura Academia Literaria de Rianxo incluirá tamén a casa do escritor Rafael Dieste e a de Rodríguez Castelao.











