MADRID> Rafael Louzán, aposta por potenciar o turismo en Pontevedra. O presidente puido saudar ó Rei e invitarlle a visitar Galicia.
{flowplayer}images/salnes/PRESENCIA_FITUR.flv{/flowplayer}
Onte arrancou en Madrid a trixésima edición da Feira Internacional de Turismo, e por cuarto ano consecutivo está presente Turismo Rías Baixas-Deputación de Pontevedra.
O stand de 300 metros cadrados é o punto neurálxico no que 62 concellos da provincia figuran como co-expositores no catálogo de FITUR 2010. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, exerceu como mestre de cerimonias.
O presidente do patronato Turismo Rías Baixas, José Manuel Figueroa, afirmou que, a maior potencialidade da zona, é ser un destino de calidade para todo tipo de visitantes.
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, destacou que a presenza en FITUR é unha boa oportunidade para dar a coñecer o produto e conseguir saír da crise.
A través de vídeos promocionais invitouse ás decenas de persoas que rodeaban ó stand á nosa terra. Rías Baixas, víveas, voltarás.
Redacción Salnés