![]()
MADRID> Un dos mostradores máis visitados no pavillón 9 de Ifema, foi o de Galicia. Os máis curiosos puideron percorrer parte do camiño sen saír de Madrid.
{flowplayer}images/salnes/GALICIA_BARBANZA.flv{/flowplayer}
O Xacobeo centrou a presentación de Galicia, que conta un xigantesco expositor que parecía estar construído con conchas de vieira. A través de centos de folletos, explicábaselle ós visitantes as diferentes rutas polas que se poder realizar a peregrinación. Precisamente un dos elementos que máis chamou a atención dos asistentes foi un simulador do camiño de Santiago.
Tamén ofreceu ó público unha proba das mellores marcas galegas de auga. A través dun curioso stand, mostrábase grandes tubos de auga burbuxeante, que captou a atención de moitos turistas.
Entre os expositores recollidos dentro de Galicia, atopábase a zona do Barbanza. Os técnicos de turismo explicaron que o que máis se demanda desta zona son as rutas de senderismo e de ocio.
A promoción de Galicia en FITUR, centrouse na tradición, na hospitalidade, na espiritualidade e a historia.
Redacción Salnés









