Un espectáculo de maxia conciencia sobre a igualdade de xénero no CEIP Rubiáns

VILAGARCÍA> O colexio de Rubiáns utiliza a maxia para fomentar a igualdade de xénero. O centro comezou as actuacións do mes da muller co espectáculo “a igualdade non ten truco”. Nas representación participan un mago e unha maga para mostrar aos máis pequenos que todas e todos poden desenvolver calquera profesión.

O colexio de Rubiáns celebrará este mes de marzo o mes da muller. Ao longo destes días desenvolverá no centro diferentes actividades para concienciar aos máis pequenos na igualdade de xénero. Hoxe tivo lugar a primeira coa actuación do espectáculo de maxia “a igualdade non ten truco”.

O obxectivo destas actividades é educar aos nenos e nenas na igualdade de oportunidades.

Estas actividades englóbanse dentro do proxecto do centro “Donas de sí”. Un programa para fomentar a igualdade e que ten como temática principal o mundo do cine.

Nas actividades participa todo o alumnado do centro. Nas vindeiras datas o colexio continuará co seu programa organizando diferentes charlas e traballos nas aulas. A seguinte visita será a actriz Isabel Blanco.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí