O Extrugasa preocupado polas posibles baixas ante o Pío

extrugasa250_210110.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa prepara xa o choque que esta fin de semana lle enfrontará ó Pío XII. Trátase dun rival directo por meterse na fase de ascenso e que agora ocupa a quinta posición da xeral. Polo tanto a presión estará do lado das santiaguesas que de perder poderían descolgarse da cabeza.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_210110.flv{/flowplayer} 

Partido moi complicado o que afronta o Extrugasa esta fin de semana. O Pío XII de Santiago é un dos conxuntos máis fortes da categoría, que leva varios anos quedándose ás portas do ascenso á máxima división nacional do baloncesto femenino. Xa na primeira volta, en Fontecarmoa, foi un partido duro e que non se puido resolver ata os minutos finais; aquel 10 de outubro o conxunto vilagarciáns impúxose por 11 puntos de diferencia, 66-55. É un resultado a ter en conta, posto que ademais das victorias os equipos de arriba comezan a mirar o basketaverage particular, aínda que iso non preocupa demasiado a Tito Díaz.

E visto como están as cousas no Extrugasa, unha derrota por menos de dez puntos non estaría mal de todo. As temidas lesións que ata o de agora respetaron ás de Tito Díaz comezan a aparecer. É o risco que se corría ó ter un plantel tan curto de efectivos, con tan só sete xogadoras senior mailas dúas junior. Ylenia, cunha escordadura de nocello será baixa segura, mentres que Cristina Souza e Gilabert están tocadas. Pese a iso o técnico lucense espera contar con elas. 

A victoria das vilagarciáns pasará de novo pola defensa e por saber levar o choque ó seu ritmo. No seo do Extrugasa saben da importancia deste partido, a priori máis importante para as santiaguesas, aínda que Díaz opina o contrario. 

Se o Extrugasa é quen de dar a machada e gañar daría un paso case definitivo para asegurar a súa presencia no playoff de ascenso.

Redacción Salnés