Xa é oficial, o Ribadumia ascende a Terceira División e o Umia a Preferente

GALICIA> O Ribadumia ascende a Terceira División e o Umia a Preferente. Ademais, A Lama e San Adrián pasan a Primeira e o Monteporreiro e Soutomaior a Segunda. Así o confirmou esta mañá a Real Federación Galega de Fútbol. O que queda aínda entre interrogantes é o futuro do Boiro.

A Real Federación Galega de Fútbol acordou dar por finalizadas todas as competicións autonómicas de fútbol e fútbol sala con data do 14 de marzo. En terceira división, xogaranse o play off o Compostela, o Ourense CF, o Arosa e o Barco. No caso de que dous dos equipos galegos ascendesen a segunda B e, á espera da resposta oficial por parte da Federación Española, quedaría vacante unha praza. A cal, por criterios de deportividade, corresponderíalle ao Boiro por diante do Cultural Areas.

O Comité de Competición acordou que non haberá descensos, a excepción dos matemáticos. En canto aos equipos que non xogaron o mesmo número de partidos, a Federación decidiu que se aplicará por coeficiente de puntos. Ademais, as promocións dentro dun mesmo grupo faranse por dereito deportivo e nas promocións cruzadas aplicarase o artigo 198. É dicir, primeiro mérito deportivo, segundo fair play e terceiro sorteo.

Con estes criterios sobre a mesa, o Ribadumia ascende a Terceira División e o Umia a Preferente. Por outra banda, A Lama e San Adrián pasan a Primeira e o Monteporreiro e o Soutomaior a Segunda.

Na Asemblea Xeral houbo 144 votos a favor dos 148 membros. A Comisión Delegada ratificou de forma unánime todos estes acordos. A partir de hoxe, os clubs teñen 10 días para facer as reclamacións pertinentes.

Consulta aquí a resolución completa da RFGF.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí