Cambados, Vilanova e a Mancomunidade inauguraron a feira

    cambados_copia100.jpgMADRID> Todas as presentacións contaron co apoio de Rafael Louzán. Despois das exposicións, houbo degustación gastronómica.

    {flowplayer}images/salnes/CAMBADOS_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Cambados foi o primeiro concello en abrir a veda. O alcalde, Luis Aragunde, presentou a Festa do Albariño e a Exaltación da Vieira. Xunto ó rexedor cambadés interviñeron o presidente da Deputación, o Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o patrón maior, Benito González. No seu discurso, Aragunde destacou que Cambados é un diamante en bruto.

    O vicepresidente provincial e concelleiro de cultura de Vilanova, José Juan Durán, foi o encargado de presentar o máis característico da localidade. Durán destacou que Vilanova é un espazo aberto con múltiples atractivos turísticos.

     A mancomunidade presentou as cociñas da comarca e a web mobi O Salnés, cargo do xerente, Ramón Guinarte. O proxecto das cociñas ofrece 17 restaurantes de gran calidade que ofrecen produtos de tempada cun prezo entre os 12 e os 30 euros. En canto á web mobi, ofrécese recursos turísticos da comarca en tempo real a través do móbil.

     Redacción Salnés