Zona Aberta anima as vendas polo Día do Pai coa iniciativa ‘De tal Pepe, tal Pepa’

VILAGARCÍA> Vilagarcía prepárase para o Día do Pai. Faino cunha orixinal iniciativa chamada ‘De tal Pepe, tal Pepa’, coa que o colectivo Zona Aberta tamén quere reivinca-la necesidade de que os pais tamén asuman o coidado das crianzas.

A campaña pon en xogo 500 euros en vales de compra, nunha iniciativa coa que a asociación de comerciantes quere fideliza-las compras nesta campaña. Por cada compra nun establecemento asociado, o cliente recibirá unha papeleta para poder participar.

O sorteo vaise celebrar o vindeiro 21 de marzo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí