Zona Centro lanza unha campaña para atraer novos socios

    zonacentrocampana copia100.jpgCAMBADOS> Baixo o título “Facendo historia”, os comerciantes e hostaleiros cambadeses levarán a televisión, prensa e radio locais diferentes anuncios.

    {flowplayer}images/salnes/CAMPANA_CAMBADOS_ZONA_CENTRO.flv{/flowplayer}

    A Asociación de comerciantes Cambados Zona Centro presentou esta mañá a nova campaña coa que a organización pretende promocionarse e dar a coñecer os seus asociados. Baixo o título “Facendo historia”, os comerciantes cambadeses levarán a televisión, prensa e radio locais diferentes anuncios.

    Nesta ocasión, na publicidade tamén participaron varios establecementos hostaleiros de Cambados. Unha actuación conxunta coa que os negocios da vila buscan facerse notar.

    No acto de presentación da nova campaña, Zona Centro estivo apoiada polo alcalde Luis Aragunde e a directora da Dirección Xeral de Comercio, Nava Castro, quen prometeu o seu apoio á asociación.

    Ó finalizar o acto, Zona Centro entregou ó redor de 20 mandís personalizados ós diferentes establecementos hostaleiros que participaron nesta campaña.

    Redacción Salnés