Francisco Javier García vence na XXVII Travesía a Nado

travesia250_240809.jpgVILAGARCÍA> Francisco Javier García, do Náutico Ribeira, foi o nadador máis rápido de case os cen que se deron cita o sábado na XXVII Travesía a Nado Porto de Vilagarcía. Os participantes tiveron que cubrir unha distancia de 1.800 metros.

Esta fin de semana disputouse a edición número 27 da Travesía a Nado Porto de Vilagarcía. Nesta competición clásica do verán, venceu o nadador do Náutico de Ribeira Francisco Javier García, que foi o primeiro en cubrir o percorrido de 1.800 metros. O portugués Pedro Nuno rematou en segunda posición, mentres que o gañador da edición de 2007, o ourensán Pablo Roi, completou o podium coa súa terceira posición.

Na categoría femenina a victoria para Laura Pimentel, tamén ourensana que se impuxo á lusa Ana Filipa; Alba López foi terceira.

No resto de categorías, de 13 a 15 anos venceron Ana Parada e David Blanco mentres que entre os máis pequenos os gañadores foron Juan González e Inrene González.

Redacción Salnés