O pleno aborda a modificación da ordenanza de axudas para as ARIS

    pleno100_250110.jpgVILAGARCÍA> O pleno debaterá o xoves a modificación da Ordenanza reguladora das axudas para restaurar edificios e vivendas nas ARIS

    … O obxecto é incluír o casco vello de Vilagarcía.

    Os promotores destes proxectos poden obter varios tipos de axudas, como unha subvención directa para financiar o custe da obra e que pode chegar ó 80% do orzamento cun máximo de 9.000 euros. Estas subvencións finánciase con fondos do Concello, o Ministerio de Vivenda e a Consellería de Medio Ambiente. Os propietarios tamén poden ter axudas para a redacción de proxectos, unha bonificación no Imposto de Construcións, e a posibilidade de optar a un crédito ponte, grazas ó convenio asinado entre Concello e Caixa Galicia.

    O goberno local tamén levará a Pleno a nova Ordenanza fiscal que regulará a taxa pola prestación de servizos relacionados con animais de compañía, creada especialmente para fixar os prezos das actuacións do Servizo Municipal de recollida de Animais. Segundo a proposta municipal, hai unha taxa de 20 euros se o animal pesa ata 65 quilos, e outra de 30 para os que superen este peso. Pola retirada de animais mortos da vía pública cobrarase 25 ou 35 euros, ademais doutra taxa de 50 euros polos custes de incineración. Tamén se cobrará entre 1 e 2 euros por cada día de estancia do can no Refuxio de Pinar do Rei e establecerase unha taxa de 20 euros por desparasitar e 30 euros por tratamento médico.

    O xoves tamén se tratarán as alegacións á Ordenanza de Terrazas, que se someterá a aprobación definitiva. E ademais abordarase a solicitude da Fundación Asilo-Hospitalillo Residencia Divina Pastora de declaración de obra de interese social para gozar de bonificación da licenza municipal na reforma do inmoble.

    Redacción Salnés